Entrevista José Méndez Castro

Hoxe falamos co presidente das peñas, do Celta e de fútbol, un dos celtistas máis recoñecido e querido entre as peñas.


Boas tardes José Méndez, presidente da peña celtista de Arbo e da Federación de peñas celtistas, Contanos, ¿ como foron os teus comezos na federación ata que fuches presidente?


A Federación de Peñas fundouse en febreiro de 1993 por varias Peñas, entre elas a Peña Celtista de Arbo, presidida pola miña persoa, e que fun o que lanzou a idea de crear a Asociación, sendo o responsable de realizar todos os tramites ante as administracións para legalizala. Unha vez superados os tramites burocráticos, xa se formou a primeira Xunta Directiva, da que fun o Secretario, e permanecendo sempre en todas as directivas, excepto unha tempada, ata o ano 2011, en que por circunstancias, creouse unha Xunta Xestora, a que presidín durante dúas tempadas, polo que na tempada 2013/2014, formalizamos unha Xunta Directiva, que foi reelixida na tempada 2017/2018, ata o día de hoxe, e que cumpre en setembro de 2021 súa segunda lexislatura.


¿Que lle dirías aos que cuestionan a utilidade das peñas ?


As Peñas xamais deben ser cuestionados, pódese estar da cordo ou non coa súa xestión, pero non cuestionalas, xa que forman parte dunha masa social do Club. O que sucede e que observando a forma e o compromiso de moitas Peñas a través de súa Federación ou Agrupación, a súa cultura como peñista e moi distinta a que temos os do RC Celta. Están mais integrados, súa mentalidade e de colaboración total en todos os actos que organiza a Peña ou a Federación, funcionan mais en grupo, súa asistencia a calquera evento ou acto e case total, e sobre todo se senten parte activa, tanto da Peña, Federación ou Club.


¿Na federación bótase de menos algún apoio institucional sexa do Celta ou do concello ?


A Federación de Peñas Celtistas por parte do Club, tendo en conta o que reciben outras Federacións de iguales características, estamos moi satisfeitos, que se pode mellorar, por suposto, igual que todo, pero ata este intre si estamos satisfeitos. Por parte do Concello, agora mesmo o único que recibimos e o local.


¿Como presidente da federación de peñas, que opinión che merece a reforma do estadio de Balaidos?


Polo feito ata agora, na grada de Rio e Tribuna Alta, un lavado de cara, a proba mais evidente e que emitimos un comunicado no que denunciamos en Rio Baixo sobre todo a ubicación dos asentos, e que neste intre segundo o Concello se van a recolocar de novo.


Falemos agora de fútbol, ¿cal e o teu mellor adestrador do Celta ?


Dependendo de coma se vexa, si e por resultados, Lotina, que nos clasificou para Champions League, Víctor Fernández e Chechu Rojo, que xogamos a final da Copa do Rei, con Vítor Fernández xogamos o mellor fútbol de Europa, nos últimos anos, Berizzo que xogamos semifinais de Europa League e Copa do Rei, e si o vexo persoalmente, Juan Carlos Unzué, o que lle faltaba carácter, sen embargo a nivel táctico penso que foi un gran adestrador.


¿ Mostovoi ou Aspas?


Calquera dos dous, pero Aspas penso que mais destacado, sobre todo marcando goles.


¿Un XI do Celta entre históricos e actuais?


Cañizares, Michel Salgado, Manolo, Berizzo, Berges, Mazinho, Makélélé, Karpin, Mostovoi, Aspas e Gustavo López.


¿Cal foi para ti o mellor ano do Celta deportivamente falando?


Todos aqueles no que se conseguiu o obxectivo.


¿O peor?


Os dos descenso


¿E a afección do Celta exixente?.


Normal, cando hai que esixir se esixe e cando non o entendemos.


Por último Pepe, Fálase dunha posible asistencia con limitación de aforo a os campos de fútbol nesta nova tempada, ¿que opinas ao respecto?.


Este tema sempre o tiven claro, son partidario de todos ou ningún, así de sencillo, non estou pola labor da discriminación.



Entrevista de Luis S:C



7 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comunicado oficial

Comunicado das peñas sobre a Campaña de aboados. A Federación de Peñas Celtistas critica a campaña de abonados posta en marcha polo Celta e solicítalle o club que reconsidere a fórmula elixida para es