A creación e utilidade das peñas

A Federación de Peñas Celtista fundouse no ano 1993 co ánimo de dar un apoio total ao RC Celta, tanto físico -nas gradas do estadio de Balaídos, como nos desprazamentos organizados pola asociación aos distintos estadios onde xogara o equipo vigués-, como moral e de apoio en cada unha das vilas onde se creara unha Peña celtista.Ata o ano de súa fundación, os clubs eran dos socios, no entanto, a partires do ano 1992, transformáronse en Sociedades Anónimas Deportivas, o que deu lugar a mercar accións da entidade. É por iso que a Federación de Peñas Celtistas xa comezou a desenvolver unha de súas funcións, a de agrupar as Peñas celtistas inscribíndoas como socios para dar información e apoio as estas para mercar accións do RC Celta, tanto a nome das propias Peñas, como promovendo que os peñistas as mercaran individualmente.Xa no ano 1995, coa crisis dos avais, a Federación tivo un papel relevante para lograr que o club continuara en Primeira División, convocando manifestacións, concentracións, etc., ata chegar a organizar un desprazamento a Madrid o 15 e 16 de agosto, en colaboración co Concello de Vigo. 3.000 celtistas se manifestaron ás portas da sede da Liga de Fútbol Profesional.Co paso do tempo e a nova normativa estatal que regula os espectáculos deportivos, a Federación de Peñas Celtistas foise adaptando, e con elo as propias Peñas, as cales foron en aumento tempada tras tempada, con algún altibaixo, debido á situación do equipo, pero coas ideas intactas, co porque de súa creación como base.Hoxe en día, a Federación de Peñas Celtistas, con todas súas Peñas inscritas, ten un papel fundamental para o club, tanto a nivel futbolístico -a base de quedadas, recibimentos ao equipo, apoio total durante os partidos no estadio de Balaídos-, como a nivel moral, xa que as Peñas das distintas vilas e cidades que representan o celtismo non deixan de animar dende a distancia e así manter o club e o celtismo vivo, como se demostrou nestas últimas tempadas.E así o recoñece o propio club, que observa como as Peñas son hoxe parte viva da entidade, e tamén a propia Liga e Aficiones Unidas, que elixiron a afección do RC Celta como a mellor da tempada 2018/2019, o cal non sería posible se a Federación de Peñas Celtistas e súa Peñas non foran unha soa.Un dos obxectivos que se marcou a Federación de Peñas Celtistas no intre de súa fundación é ver como todas as Peñas asociadas senten a unión e a paixón polo Real Club Celta de Vigo SAD, algo que convive nunha soa verba: AFOUTEZA.


Asdo: José Méndez CastroPresidente da FDPC

14 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comunicado oficial

Comunicado das peñas sobre a Campaña de aboados. A Federación de Peñas Celtistas critica a campaña de abonados posta en marcha polo Celta e solicítalle o club que reconsidere a fórmula elixida para es